NOVIDADES
SEMANA SANTA MUSICAL
Chega a Coruña unha “animalada” de espectáculo musical onde poderemos escoitar aos animais máis falangueiros e cantareiros.
Venres 18 abril
Centro Comercial Marineda City dA CORUÑA
18h.
Precísase inscripción para acceder ao espectáculo na web do centro comercial.
Podedes atopar ligazón directa á inscripción https://mailchi.mp/marinedacity.com/marineda-kids
Vides?

ENTREVISTA PARA A REVISTA CRIATURAS
Hai uns días, fixeronme unha entrevista para a Revista Criaturas. Aquí está o resultado.Foi un pracer responder ás preguntas de Tensi Gesteira.
Se queredes saber algo máis de min, botádelle un ollo. Ao mellor, aparece algo que vos sorprenda …
MARZO DE CONTOS E CANCIÓNS

FEBREIRO CANTANDO CONTOS

REMATAMOS O ANO CANTANDO
Vai rematando o ano 2024.
Foi un ano cheo de concertos, cancións, bailes, libros, viaxes … Mais aínda quedan uns cantos concertos para poder desfrutar xuntos.
Botade un ollo, seguro que algunha vos cadra ben.
Máis info no apartado axenda ————>

OUTONO DE CONCERTOS
O outono trae follas no chan, castañas, magostos, chuvia … e concertos.
Non hai excusa para non mover o corpo.
Botade un ollo e que non pare a música!


VERÁN MUSICAL
Foi un verán musical marabilloso percorrendo vilas, feiras, cidades, prazas …
Déixovos algunhas fotos dalgúns deste momentos (se cadra aparecedes nalgún deles … quen sabe).
Grazas a tod@s polas vosas gorxas e o voso agarimo. Seguimos!















AGOSTO MUSICAL
Percorrido musical deste mes de verán. Tomade nota e preparádevos para cantar!

AXENDA DE XUÑO
En xuño hai unha chea de concertos para celebrar o remate do curso escolar, preparar o San Xoán e agardando un verán ben musical.
Escolas, prazas, patios e carballeiras serán escenario para as festas que imos compartir.
Eu poño a música e o baile. Só faltan as vosas gorxas. Vide!
(Indo polo miúdo na axenda)

NOVO VIDEOCLIP
Xa podedes desfrutar do video que argallamos de SON ANIMAL.
No 2014 comezábamos a andaina de cancións e brincadeiras, e aquí seguimos grazas a vós.
Grazas especiais á Editorial Kalandraka Galicia , Marc Taeger , Villa Regina cultura de aldea e rapazada de Bazar (Santa Comba) por unha xornada estupenda.
Botade unha ollada e preparádevos para berrar como animais.
Son animal, animal son! ![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
AXENDA DE MAIO

Chega maio cargadiño de música e concertos.
Collede bo alento que hai unha chea de cantarolas por botar. ![]()
![]()
![]()
Vémonos nos patios, prazas e recunchos do país.
Máis info polo miúdo na axenda da web: www.paconogueiras.com
XA ESTÁ AQUÍ SON ANIMAL!!!
Xa tedes dispoñible o novo libro-cd SON ANIMAL, editado novamente coa Editorial KALANDRAKA e ilustracións de Marc Taeger.
As doce cancións deste cuarto traballo musical teñen como protagonistas a animais domésticos como o can, o gato, a vaca, a galiña, o porco, o burro… e outros silvestres como a ra ou o grilo. Agardámoste! Animalízate connosco!

AXENDA DO MES DE MARZO 2024
Aquí deixo a axenda deste mes de marzo.
Quedan un par de cousiñas por pechar, que actualizarei en breve.
Polo dagora imos dándolle, que o tempo pasa correndo e non agarda por ninguén.
Estade atent@s! Xa que no mes de abril haberá novidades ben chulas.
Avanzamos!

ACHEGA DO CEIP MALLÓN de Nigrán
No CEIP Mallón de Nigrán viviron o magosto dun xeito moi “rapeiro”. Cantando e bailando o “RAP DO MAGOSTO”. Moitas grazas a mestras e alumnado polo bo ritmo!
Castañas quentes e música … que máis se pode pedir?
Desfrutade do video. No apartado “Achegas” podedes ollar moito videos máis.
CONCERTOS DE DECEMBRO E NADAL
Chega o mes de decembro mais as Festas do Nadal. Quedan por confirmar algunha data máis que iremos actualizando. Polo dagora o percorrido é o seguinte.
Agardámosvos para facer un coro ben festeiro!
Tedes a información polo miúdo de cada evento na axenda —>

ARGALLANDO NOVO TRABALLO MUSICAL
No mes de novembro seguen os concertos, mais tamén hai algunha nova.
Estamos rematando de argallar e “cociñar” cousas novas en CASA DE TOLOS co gran “chef” SEGUNDO GRANDÍO.
Traballo e diversión mesturados, así da gusto.![]()
![]()
![]()
Xa queda menos para o novo traballo con Kalandraka.



OUTUBRO MUSICAL
Chegou o outono , caen as follas das árbores e algún que outro concerto.
Quedan por poñer algún magosto , festa das cabazas e celebración de samaín. Mais polo dagora, ide botando un ollo e facendo oco na axenda.
Máis info no apartado axenda —>

MES DE AGOSTO 2023
O verán non ten parada e agosto trae concertos e música para desfrutar en compaña.
Aquí quedan algunhas datas para cantar e bailar.
Mais info no apartado “Axenda”.

AXENDA MES DE XULLO
O mes de xullo tamén trae contos e concertos para desfrutar no tempo de lecer. Botade un ollo, seguro que algunha cadra ben.
Info polo miúdo no apartado da axenda:

Paco Nogueiras xa está no Spotify, Deezer, Youtube Music

Xa estou no Spotify, Deezer, Youtube Music.
Iremos subindo temas pouco a pouco para que poidades cantar en calquera recuncho e aparecer nas vosas listas de reprodución.
Aquí a ligazón. Buscádeme!⬇️
Chega xuño con ganas de bailar

Maio cheo de músicas

Abril, cancións e contos mil

Marzo cheo de contos e concertos

Axenda de febreiro

NADAL musical 2022

OUTUBRO MUSICAL

NOVA DATA! 11 de Outubro en PORTONOVO
Tedes máis información na AXENDA —->
CONCERTOS DE SETEMBRO

- Engadimos o 23 de setembro en Pontevedra (máis info en axenda).
CONCERTOS DE AGOSTO

AXENDA DE XULLO

En TOURO e PONTEAREAS están dispostos a brincar, cantar e bailar


CHEGA XUÑO CHEO DE CONTOS E MÚSICA

MAIO FLORIDO DE CONCERTOS E CONTOS
Maio chega cargado de cancións e contos. Un bo feixe de contadas e de concertos onde encheremos a boca de música, o corpo de baile e a cabeza de historias.
Botade unha olla á axenda. Imos alá!.

MARZO CHEO DE CONTOS
Este mes de marzo é un mes cheo de contos e cancións.![]()
![]()
![]()
Seguimos percorrendo os centros escolares grazas á Campaña de Animación á Lectura de Kalandraka Editora.
Que non paren os contos … e a música![]()
![]()

CONCERTOS NO MES DE FEBREIRO
No mes de febreiro imos cantando e preparando a chegada do Entroido. Se vos presta … vémonos!

O COLEXIO CEE SANTA MARÍA DE LUGO DESÉXAVOS BOAS FESTAS A RITMO DO APALPADOR
O colexio CEE Santa María de Lugo deséxavos boas festas a tod@s a ritmo de “O Apalpador”. Son persoas brincadoras onde as haxa. Deixádevos contaxiar do seu bo humor. Bo Nadal!
AXENDA DE CONCERTOS DO MES DE DECEMBRO
Chega o mes de decembro e que mellor xeito de rematar o ano que cantando e bailando. Botade un ollo ao percorrido deste mes a ver se vos acae ben algunha … encantado de desfrutar con vós.

AXENDA DE CONCERTOS DO MES DE NOVEMBRO
Moitas escolas, centros culturais, algún teatro … E aínda quedan algunhas cousas por ultimar. Podedes botar un ollo. Se vos cadra ben algún concerto … cantaremos xunt@s.

RADIO BULEBULE ACADA O PREMIO NA CATEGORÍA DE MÚSICA INFANTIL NOS VIII PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA
Esta foi unha semana chea de emoción e boas noticias, xa que o pasado 27 de outubro de 2021 celebrouse a Gala que anualmente organiza a ASOCIACIÓN MUSICAS AO VIVO en colaboración coas Bodegas Martín Códax e que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Nesta ocasión, o xurado e socias determinaron dar o Premio a RADIO BULEBULE na Categoría de Música Infantil, despois de tamén ser finalista o ano pasado.
A ledicia e agradacemento foi enorme, xa que este traballo leva detrás unha chea de esforzos, traballos e agarimo por parte de moita xente.
RADIO BULEBULE quere facervos partícipes e compartir este premio. Sen vós RADIO BULEBULE non sería posible. Grazas por bulir con esta radio musical … seguiremos voando polas ondas!











DOBRE EXTRA no FIC Bueu 2021
O pasado 19 de setembro DOBRE EXTRA! levou música e imaxe ao FIC BUEU 2021. O exterior do Centro Social do Mar foi testigo do xornalismo máis musical e ilustrado.
Esta é unha pequena mostra:















Axenda de setembro
Pequeno avance do percorrido musical do vindeiro mes de setembro. Información máis polo miúdo na “AXENDA” desta web.

Bailando “Móvete” dende o CEIP Plurilingüe A Pedra de Bueu
Neste curso houbo moitas escolas que quedaron por visitar. Mais aínda así, buscamos xeito de manter o contacto con todas elas facendo un concerto con ilustracións a través das redes.
Marc Taeger ilustrou as cancións de “Extra!” a rapazada cantou e bailou dende a súa aula. E vaia se o fixeron!. Mirade que marcha!
RADIO BULEBULE no CEIP Pazos de Reis de Tui
Bulimos polas ondas coa radio máis falangueira celebrando xa o remate do curso.
Concerto EXTRA! para rematar o curso escolar no CPI Plurilingüe Santa Lucía de Moraña.
Unha xornada espectacular cunha rapazada e profesorado marabilloso.
Ollade o video:
O CEIP Plurilingüe de Sigueiro celebra as Letras Galegas 2021 cantando “Meu o mundo é!”
Estamos a piques de chegar á celebración das Letras galegas deste ano.
No CEIP Plurilingüe de Sigüeiro non quixeron perder tempo e comezaron a cantar e bailar coa canción “Meu o mundo é!”. Como son xente tan brincadora, argallaron coa axuda de mestras e mestres, este videoclip tan marabilloso.
Moita enerxía, moito ritmo e moi bo humor para facer destes d´ias unhas datas moi alegres.
Canto talento! ARTISTAZ@S!!!
DOBRE EXTRA! no Salón do Libro de Pontevedra
O 24 de abril chegou Extra! A Pontevedra disposto a revolucionar as vosas lecturas.
Entre os ecos das actividades arredor do Día do Libro, chegou a sesión de “Dobre EXTRA!” de Paco Nogueiras Nodar e Marc Taeger no Pazo da Cultura de Pontevedra. Quen dixo que as noticias non se poden debuxar, cantar e bailar?!?! A música e ilustración van da man, ao fío dunha actualidade moi especial, vista cos ollos da infancia.
Fotos Andrea Area











Estrea DOBRE EXTRA en BUEU
Con máscaras, distancia social e mans hixienizadas, pero por fin EXTRA! tivo a súa ansiada estrea… cun formato moi especial: DOBRE Extra! Marc Taeger convértese nun atípico reporteiro gráfico que ilustra co seu lapis as noticias que Paco Nogueiras converte en cancións neste novo libro-disco. Moitas familias puideron desfrutar da música e das imaxes, cantar e mesmo bailar nos dous pases do concerto celebrado no auditorio do Centro Social do Mar, en Bueu. Paco e Marc asinaron exemplares, acompañados polo libreiro Fernando Miranda.
Fotos: Paz Castro
Aquí unha pequena mostra:










ESTREA MUNDIAL DE DOBRE EXTRA!

O vindeiro sábado 17 de abril, Marc Taeger mais eu, teremos o gran pracer de estrear DOBRE EXTRA! no Centro Social do Mar de Bueu ás 18h. Un espectáculo interactivo cheo de música e imaxes. Xornalismo musical e ilustrado que , con moita ilusión, queremos compartir con tod@s vós. Agardámosvos!
“Movemento” contaxioso dende o CEIP Milladoiro de Malpica
En pleno Entroido, chéganos este video realizado dende un centro escolar moi especial e amigo. As nenas e nenos do CEIP Milladoiro de Malpica, coa axuda de mestras e mestres, fixeron este video extraordinario e tan alegre. Son unhas superheroínas e uns superheroes incríbles (e máis nos tempos que corren). Mirade, mirade!!! ![]()
![]()
![]()
Preme para ver o video:
O Entroido move o corpo en LSE
No CEIP Quiroga Palacios de Santiago de Compostela fixeron esta versión signada do tema “O Entroido move o corpo” da man da intérprete, Raquel Manteiga. Marabilloso video e gran traballo. Grazas!
A bailar … e a signar!
Preme para ver o video:
O CEIP Centieiras de Fene vai de Entroido bailando “Móvete”
No CEIP Centieiras de Fene decidiron deñebrar o Entroido cantando e bailando “Móvete” dun xeito moi orixinal, caracterizados de emojis. Moito ritmo e moito movemento nun video moi dinámico e divertido.
Bravo por vós!
Preme para ver o video:
Movemento dende o CEIP Valle Inclán do Grove
Alumnado e profesorado do Ceip Valle-Inclán de O Grove bailan e interpretan polo Día da Paz a canción de Móvete de Paco Nogueiras con linguaxe de signos. Organizado polo Equipo de Dinaminación Galega e a mestra de música.
Grazas por este video tan divertido!
Preme para ver o video completo:
Móvete dende o CEIP Arquitecto Casas Novoa de Compostela
A rapazada do CEIP Arquitecto casas novoa de Compostela tamén “moveron” o corpo para celebrar o Día Escolar da Paz. Ollade que ben o fan ! Un movemento contaxioso.
Grazas a tod@s polo videoclip e o excelente traballo. Voso o mundo é!
Para ver o video completo:
Móvete no CEIP da Cruz
Mirade como”moven” o corpo as nenas e nenos do CEIP da Cruz de Camos (Nigrán) para celebrar o Día da Paz Escolar. Que marabilla de artistas!
Moitos parabéns para o alumnado e profes. Estas coreografías fan moito máis levadeiras estas datas complicadas. Grazas Pilar Gonçalves polo magnífico traballo.![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
Podedes ver o video completo na seguinte ligazón:
Móvete dende Vilaboa
Desde o CEP Plurilingüe Riomaior de Vilaboa chega este video marabilloso para celebrar o Día Escolar da Paz. Moitas grazas Montse Ogando e aos magníficos artistas por este impresionante baile.
Podedes ver o video completo na seguinte ligazón:
Móvete en LSE
No CEIP Jose María Lage de Ortigueira escolleron a canción “Móvete!” do libro-cd EXTRA! para festexar o día Escolar da Non Violencia e Paz, facendo un gran traballo para adaptala a Língua de Signos. O resultado é impresionante! Podedes ver o video a continuacióne, e se vos animades … bailar en LSE.
Grazas a Fani polo seu magnífico traballo (mestra de música e intérprete de LSE). Podedes seguir os seus traballos nas redes como “A Clase de Fun”. Deixovos tamén a ligazón ao seu blogue onde aparece o video:
http://aclasedefun.blogspot.com/2021/01/movete-en-lse.html

Sinaturas de Extra!
EXTRA! chega ás vosas mans para facervos cantar e bailar, traendo a mellor información, a mellor divulgación e a maior diversión. Un pracer asinar os vosos exemplares en Vigo, Compostela, Coruña, Pontevedra …
Estade ben atent@s pois haberá máis datas de sinaturas.











